As fases do Alzheimer
As persoas que se lle diagnostica a enfermidade de Alzheimer teñen algúns sintomas dos que falamos no artigo anterior; éstes síntomas chegan a producir unhas determinadas fases, as cales mostraremos a continuación:
- Etapa inicial: Esta etapa soe alcanzar tres ou catro anos de duración. O paciente aínda e independiente.
Nesta etapa non se aconsella un cambio no entorno habitual pero si facer un diagnóstico e valorarse o inicio do tratamento con algúns fármacos que poderían frear a evolución da enfermidade.
- Etapa intermedia: Esta etapa alcanza dous ou tres anos de duración. Pódese perder en lugares habituais ou esquecerse de facer cousas moi doadas como vestirse ou bañarse.
Aumentan os problemas na fala e na comprensión, na lectura e na escritura son mais difíciles e
o enfermo pode chegar a inventar palabras.
Necesita axuda en actividades báiscas como vestirse, asearse, ducharse… Son frecuentes tamén as alucinacións, medos , agresividade e deambulacións continuas.
-Etapa final : Esta fase alcanza dous ou tres anos de duración. Aquí o enfermo e totalmente dependiente, necesita axuda para todo, no e capaz de valerse por si mesmo. Prodúcese unha perda progresiva da linguaxe de forma que o paciente deixa de falar pero pode percibir signos emocionais.
A rixidez muscular fai que sexan lentos e torpes nos movementos. Poden aparecer tremores hasta crises epilépticas.
Os pacientes móstranse apáticos, choran, gritan, están encamados con alimentación asistida e hasta padecen incontinencia dos esfínteres da urina e feces.
Algúns dos síntoma son : a perda de peso, diminución das defensas inmunolóxicas e infeccións graves que poden levar o paciente a morte.
http://4.bp.blogspot.com/_mkLK-wTYarQ/S0zn7xFya3I/AAAAAAAAABE/97hC9-ejCCU/s320/alzheimer.jpg
http://www.ahaf.org/espanol/sintomasalzheimers.html
http://www.clubplaneta.com.mx/cocina/el_alzheimer_y_sus_fases.htm